Ultima modificación: 5/xuño/2010
Número de visitas: 14.821

Aquí puedes dejar tu oración a la Virgen
info@afranqueira.org
________________________________________________________________________________________________________________________
A cruz da xornada mundial da xuventude estará na Franqueira
O día 26 de xullo teremos unha v
Camiño de Santiago
No día 28 de xuño emprederemos o camiño de Santiago desde o santuario da Franqueira. Serán xornadas de oración, reflexión, convivencia e celebración. Sairemos nese luns ás 10 da mañá, para descansar en Redondela. As seguintes paradas serán Pontevedra, Caldas, Padrón e á fin Santiago.
O xantar e a cea corren por conta de cada peregrino. é necesario anotarse con bastante antelación.
Romaría das Familias
No domingo da Santísima Trindade, 30 de maio, celebrareemos a III Romaría das familias. un día de reflexión, encontro e vida coa convocatoria a tódalas familias que queiran participar.
O horario será:
13 h. acollida, reflexión e oración á Virxe no Santuario
14 h. Xantar no adro da igrexa
Festa e convivencia
17 h. Celebración da Eucaristía
________________________________________________________________________________________________________________________
Romaría das Pascuillas

No día 24 de maio celebrarase a Romaría de Pascuillas. Un día grande e moi especial para os devotos da Nosa señora da Franqueira. En breve colgaremos na páxina os horarios. este ano fará a ofrenda a parroquia de San bartolomeu da Lamosa, que ademáis farase presente coa imaxe da Nosa Señora do Libramento.
Podes descargar o cartel dos horarios das celebracions
cartel pascuillas 2010.pdf
__________________________________________________________________________________________________________________________
Camiño de Santiago
estamos a programar o camiño de Santiago desde o santuario da Franqueira ata a tumba do Apóstolo. Despois de varias xestións non vai ser posible que percorramos unha nova ruta que se está a estudar, senón que, realicemos o itinerario desde A Franqueira ata Redondela ou por Arcade para alí enlazar o camiño portugués procedente de Tui. estamos a comezar a xestionar os albergues.
____________________________________________________________________________________________________________________
Toma de Posesión do novo Bispo de Tui- Vigo
D. Luis Quinteiro Fiuza
O vindeiro 24 de abril, sábado, ás 4,30 da tarde, na Catedral de Tui, terá lugar a solemne celebración da toma de posesión do novo pastor da diócesis de Tui-Vigo, D. luis Quinteiro Fiuza.
É un día grande para toda a Diocese e para cada un dos que a formamos.
___________________________________________________________________________________________________________________________

Semana Santa
Despois dunha longa temporada sen comunicarnos cos que habitualmente vos achegades a esta páxina, expresar en primiero lugar as nosas disculpas, pero como sempre, resistíusenos a tecnoloxía. Presentamos a continuación os horarios de Semana santa do Santuario e das parroquias da Lamosa e Prado da Canda.
Domingo de Ramos na paixón do Señor
9,45 da mañá: Prado da Canda
11 da mañá: A Franqueira
12,30 da mañá: A Lamosa
Xoves Santo
Celebración da Cea do Señor
5 da tarde: A Lamosa
6 da tarde: A Franqueira
7 da tarde: Prado da Canda
Adoración Eucarística. Hora Santa
8 da noite. A Lamosa
9 da noite. Prado da Canda
10 da noite: A Franqueira
Venres Santo. Oficios da paixón e morte do Señor
12,00 da mañá: A Lamosa
4,30 da tarde: Prado da Canda
6,30 da tarde: A Franqueira
Despois de cada celebración temos a procesión da Dolorosa
Solemne Vixilia de Resurrección. Sádado noite
8 da noite: A Lamosa
9,30 da noite: A Franqueira
11 da noite: Prado da Canda
Domingo de Pascua de Resurrección
11 da mañá e 5 da tarde: A Franqueira
12 da mañá: A Lamosa
1 da tarde: Prado da Canda
__________________________________________________________________________________________________________________
25 de marzo. Día de oración pola vida
Neste día, o arciprestado de Montes-Mondariz, estamos a celebrar con distintos actos e encontros de oración esta xornada de oración pola vida. Podes ver os horarios na páxna da diocese de Tui-Vigo
____________________________________________________________________________________________________________________
Presentación dos nenos á Virxe da Franqueira
O próximo domingo día 7 de febreiro na Misa das 5 tarde, terá lugar a preentación dos nenos e nenas á Nosa Señora da Franqueira. Están todos invitados a perticipar deste día de acción de grazas e de recoñecemento da obra marabillosa de Deus nos máis cativos. Pedímoslle á Virxe que coa súa protección maternal os coide coma fillos dela.
Grazas polos donativos a favor de Haití
No concerto do domingpo pasado fíxose unha recadación que lacanzou case os 300 €. é a nosa pequena aportación para axudar ás víctimas do terremoto.
Novo bispo de Tui-Vigo
A todos nos chegou a nova do nombramento do novo Bispo para a nosa Diocese na persoa de Mons. D. Luis Quinteiro Fiuza. Desde o Santuario da Nosa Señora da Franqueira fixémoslle chegar a nosa felicitación e que ós pes da Virxe poñemos a oración por el. Do mesmo xeito oramos de xeito agradecido por Mons. D. Xosé Diéguez Reboredo que ata agora era o noso pastor e que pasa á condición de emérito.
Se queres máis información podes entrar na páxina da Diocese.
Oración sacerdotal
Neste ano sacerdotal é moi importante que adiquemos un momento de oración polos sacerdotes. Por iso podes acceder a un pequeno cuaderno de oración que recolle algunhas oracións para este ano sacerdotal.
CUADERNO DE ORACIONES SACERDOTALES.pdf
Solidariedade con Haiti
As esceas de dor e sofrimento que estamos a ver nos medios de comunicación, xunto á impotencia de non poder facer nada, unido ó recoñecemento da inxustiza que se fai máis palpable nos inocentes, fainos dar unha resposta adecuada. Así a dor dos inocentes é unha chamada á nosa conversión. Unímonos ademáis á Igrexa haitiana que neste seísmo perdeu ó seu bispo e a uns douscentos seminaristias, tamén ós colexios relixiosos e misións que se viron desfeitas.
Desde o santuario da Franqueira queremos tamén unirnos afectivamente e efectivamente, así, o concerto previsto para o día 24 será a oportunidade para colaborar cunha colecta que será enviada a Caritas internacional.
Se non podes unirte a esta iniciativa, podes facer o teu donativo en Caixanova especificando: "Víctimas do terremoto Haiti". O número de conta é o seguinte:
2080/ 0000/ 75/ 0040250250
Cerco de San Sebastián
No vindeiro 23 de xaneiro celebramos unha das festividades de crácter máis parroquial: o cerco de San Sebastián. Ás 10 da mañá dese sábado terá lugar a Misa de acción de grazas e petición. Un momento intenso de oración. No remate saímos en procesión coas imaxes da Nosa Señora do Rosario, Santa Bárbara e San Sebastián. Percorremos toda a parroquia e nos lugares de costume se imparten as bendicións para que o señor nos obsequie neste ano con boas colleitas. Lembramos deste xeito que todo é don e gracia do amor de Deus para connosco.
Pola noite, en Cebreiro ten lugar unha festa.
Aquí podes ver o cartel das actividades e celebracións
cartel cerco.doc
Concerto en Honor da Virxe da Franqueira e San Sebastián
No día seguinte, o domingo 24, ás 6 da tarde, haberá un cocerto da Coral polifónica de Urdilde. Un cocerto na honra da Nosa Señora da Franqueira e de San Sebastián. Esta coral estivo na Misa de apertura da Porta Santa na catedral de Santiago de Compostela.
O programa do concerto pódelo descargar
concerto urdilde Franqueira.pdf
Obras no Santuario
Estanse realizando unha serie de obras no exterior do templo da Franqueira. Despois de teren recibido a resposta das autoridades competentes (Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e o Concello de A Cañiza), estamos a realizar o drenaxe perimetral na parede que da ó norte, isto é , a que está pegada á rúa. Deste xeito queremos evitar a entrada de humidades dentro da igrexa. Xa está case rematado.
A seguinte obra da que temos licencia é a de limpar todo o exterior da igrexa e encintar as pedras. Esta será unha obra de maior embergadura. Iremos pouco a pouco, sobre todo a fachada e a torre. A portada románica foi nunha fase anterior e gracias á colaboración dun devoto que nos consegiu ter a presencia dun grupo de estudantes de restauración de Malta.
Para estas obras iremos rcaudando pouco a pouco o necesario para poder sufragalas. Neste momentos de dificultade económica debemos ter moita paciencia e facer o que poidamos dentro das nosas posibilidades.
Moitas grazas ás persoas que tamén van facendo os seus donativos para axudar ás obras.
Programación pastoral
Programa pastoral do santuario. Nel está os obxectivos deste curso, así como o calendario das actividades que se van realizar. Pincha aquí e podes velo.
folleto plan pastotal 09-10.doc
Concerto de Nadal
No día 27 de decembro, festividade da Sagrada familia terá lugar un concerto de Nadal a cargo do cuarteto Niemen. Será ás 6 da tarde. Durante o mesmo entregaranse uhas rifas para o sorteo dunha cesta de nadal. A recadación será destinada a cáritas
Javier Alonso Docampo
Párroco-rector del Santuario de Santa María da Franqueira
|