SANTOS E DEFUNTOS
O mes comeza solemnemente lembrando aos mellores fillos e fillas da Igrexa. A comuñón dos santos impulsa en nós unha mirada de esperanza de que o camiño de fe ao que somos chamados nos conduce á gloria definitiva e plena no amor misericordioso ao que o señor nos guía polo seu Espírito.
A lembranza dos nosos finados convídanos á pregaria por aqueles que esperan da nosa caridade. Este ano de Indulxencia traspasa tempos e lugares para que esteamos máis preto deles e lle pregemos a Deus polo perdón dos seus pecados.
As celebracións do día 1 serán os horarios habituais:
A Franqueira: 11 da mañá e 5 da tarde. Procesión ao cemiterio e oración polos defuntos
Prado da Canda: 10 da mañá
A Lamosa. 12,15 da mañá
2 de novembro. Fieis defuntos
A Franqueira: 11 da mañá e 5 da tarde
Prado da Canda: 10 da mañá e procesión no cemiterio e oración polos defuntos
A lamosa: 12,15 da mañá e procesión no cemiterio e oración polos defuntos
Acto de ánimas será o sábado 22 de novembro