Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui, Vigo

Iniciar búsqueda

Noticias del Santuario

CERCO DE SAN SEBASTIÁN NA FRANQUEIRA

Sábado, 20 de enero de 2024
Un día cargado de emocións e vitalidades
CERCO DE SAN SEBASTIÁN NA FRANQUEIRA.
Esta festividade está moi arraigada na parroquia e que nos convida a saír en peregrinación de loanza e petición coas imaxes de San Sebastián,  Santa Bárbara e a Virxe do Rosario.
No cruceiro xubilar edificado no ano 1900 realizamos o ritual da bendición da parroquia.
Nos distintos lugares oramos e pedimos polas familias, os enfermos, os traballos, e rogamos a deus que derrame a súa bendición sobre os campos e cultivos, animáis e traballos, protexéndonos do mal tempo.
Nesta procesión tomamos conciencia da pertenza a unha terra, a vivencia dunha fe, a confianza no Creador, a participación no labor do coidado da nosa casa común.
Que o Señor nos axude a todos a sermos coidadores da nosa terra e que, desde as nosas parroquias rurais poidamos lograr transmitir unha palabra de gozosa esperanza.

 
2024. Santuario de Santa María da Franqueira - Diócesis Tui Vigo.
Fotografías: F. Javier Pérez Rego